Historia materiais
Dende a aparición do ser humano a súa historia sempre estivo ligada aos materiais que se usaron nos diferentes periodos.
Así, a humanidade pasou por varias etapas, desde a Idade da Pedra ata a dos polímeros e silicio, a actual, pasando por outras como a Idade do Cobre ou a do Bronce. Pero moitos xa falan dunha nova etapa, na cal xa estamos entrando, a Idade do grafeno.

Idade do grafeno
O grafeno era un desconocido ata 2004, pero desde ese ano a súa importancia non fixo máis que aumentar. É o sólido máis lixeiro e máis fino; moi flexible e elástico, pero
ao mesmo tempo o máis resistente; é anticorrosivo, inerte e o mellor condutor,
tanto eléctrico como térmico. Semellante
suma de cualidades, estruturales e funcionales, fano idóneo para estar
presente dentro e fóra de todo tipo de
aparatos e produtos.
O grafeno é unha alotropía (forma estrutural) do carbono; a cal consiste nun teselado hexagonal plano (como un panal de abellas) formado por enlaces covalentes de átomos de carbono. É unha lámina bidimensional (ten soamente un átomo de espesor) aínda que pode adoptar diversas formas tridimensionais.
Aplicacións do grafeno:
• Destilación do etanol a temperatura ambiente para combustible e consumo humano.
• Detectores ultrasensibles de gas.
• Moduladores ópticos.
• Transistores de grafeno.
• Circuitos integrados máis rápidos e eficientes.
• Electrodos transparentes.
• Dispositivos electrocrómicos.
• Células solares.
• Desalinazación.
• Aplicaciones antibacterianas.

O seguinte vídeo mostra o que é unha alotropía e as que se coñecen do carbono